22 Xullo, 2024
Hoxe, sábado 20 de xullo, darán comezo as obras de renovación do pavimento do parque infantil de Ponte do Porto, en concreto na rúa Campo do Outeiro.
Desde o Concello de Camariñas pídeselle á veciñanza que durante o transcurso das obras non se debe usar o parque.
Para levar a cabo esta obra solicitouse unha subvención á Xunta de Galicia para a liña de parques infantís, pero o goberno autonómico rexeitou a petición municipal. Finalmente, a obra financiase ao cento por cento con aportación municipal. O orzamento total de execución material das obras a executar é de 17.688,09€, o orzamento de contrata sumando o I.V.E. ascende a 25.469,08€.
Instalarase un pavimento continuo composto de dúas capas que ten como vantaxe fronte a outras opcións a súa maior absorción de impactos, é antideslizante e de mantemento sinxelo, non é inflamable, nin tóxico, non ten xuntas e adáptase a calquera tipo de terreo.