Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 26 de xuño de 2024, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.

 
Os cursos terán carácter gratuíto. Impartiranse entre setembro de 2024 e maio de 2025  (consultar lugares de impartición e datas na convocatoria do DOG no enlace que se sinala máis abaixo)  


Persoas beneficiarias:  


-  Cursos de linguaxe administrativa galega.

 

  • Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia excepto persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario.
  • Persoas maiores de 16 anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións necesarias para acceder a cada un dos cursos. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.


-  Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).

 

  • Persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.  

 

As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

 

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica na resolución do DOG.

 

Prazo de presentación de solicitudes:  

 

- Cursos do primeiro cuadrimestre: 01– 12 xullo 2024

- Cursos do segundo cuadrimestre: 11 – 22 novembro 2024.

 
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240626/AnuncioG0761-200624-0001_gl.pdf

 

ENLACE PARA DESCARGAR O FORMULARIO:

www.eoidigital.com/preinslinguagalega


MÁIS INFORMACIÓN:  

EOI A Coruña                            981279100

EOI Ferrol                                 881938400

EOI Santiago de Compostela      881867901 / 881867902

EOI Lugo                                   982829230

EOI Ourense                              988366073

EOI Pontevedra                         886159116

EOI Vigo                                    986260210

EOI Vilagarcía de Arousa           986566440 


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 881982158

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00     

Descargas