Por outra banda, o secretario será Manuel Brion e o tesoureiro, Jose Manuel Tedin Desde o Concello de Camariñas queremos dar os parabéns a Lucía, xa que con 20 anos asume este cargo tan importante de xeito totalmente altruista.
A alcaldesa Sandra Insua aproveitou o espazo do Concello no stand de Turespaña para dar a coñecer este itinerario, no que xa se concede a Compostela e que pretende formar parte do Camiño.
“É un proxecto polo que apostamos no Concello desde os seus inicios e que avanza con pasos de xigante, presentando a quen a percorre un patrimonio e paisaxes únicos”, salientou a rexedora.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Preofesional e Universidades publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos
O Concello contratou insercións publicitarias para promocionar o municipio durante esta semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía e nas do frecuentado Mercado de San Miguel.
Sandra Insua presentou a campaña “Camariñas Sorprende”, na que se mostran as festas, tradicións, paisaxes e gastronomía do municipio.
No vídeo promocional pode apreciarse desde a maior lumarea de toda Galicia, as festas de cada parroquia, a Mostra do Encaixe, o Camiño dos Faros, o destino Starlight...
Tamén se presentou o cartel da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas, obra de Esteban Freiría, no que se aposta pola modernidade do encaixe nun claro cambio de tendencia.
“Camariñas é o lugar no que o imposible se fai posible, no que as tradicións máis ancestrais se converten en arte e modernidade para dar identidade a un paisaxe de película”, destacou a alcaldesa.
Informamos dun desprendemento na pista do Campo do Turco ao Ariño.
A zona xa está sinalizada e mañá trasladarase esta incidencia nunha reunión en Costas. Rogamos á cidadanía que intente non pasar por esa zona e, se teñen que facelo, que se extremen as precaucións.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 8 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2024.