Estas xornadas realizaranse o 26 de xaniero de 2023 ás 11:00h no Centro de Iniciativas de Camariñas no terceiro andar, no edificio situado a carón do Centro de Saúde de Camariñas.
Servizo Galego de Saúde RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2023.
Consellería de Facenda e Administración Pública DECRETO 217/2022, do 22 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Curso: A administración preto de ti. Lugar: Aula de Informática de Camariñas. Data e horario: 17/1/2023 dende ás 11:60h. Necesaria inscricion previa O Concello de Camariñas organiza esta charla A ADMINISTRACION PRETO DE TI, formación que imparte a Subdelegación do Goberno da Coruña. Esta iniciativa foi do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España. Este curso é gratuíto e impartirase na Aula de Informática situada no Centro de Iniciativas de Camariñas. Será o próximo 17 de xaneiro de 2023, en horario de mañá dende as 11:30h. Será necesario inscribirse previamente na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas. No teléfono 981 737 004, presencialmente na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net Neste curso achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na internet e se facilitará que as persoas asistentes obteñan IN SITU un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o mellor para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos
Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias, inscribíndose antes do xoves 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo ao correo electrónico enviado desde a Administración local.