🐠 Se tes un proxecto relacionado co mar, podes solicitar as axudas para inversións en novas actividades económicas ou que supoñan a creación ou mantemento de emprego
A taxa de paro rexistrado é do 10,87%, un 3,24% menos que no 2022 e un 12,77% menos que hai 10 anos, no 2023.
Desde a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca.
🔵 Apura e descarga o teu Bono Activa Comercio de 30 €, para gastalos antes de que se acaben os fondos, en https://www.bonosactivacomercio.gal/ , ou ven á Casa de Pedra. Cita previa no 981 737 004. 💙 Tes 17 comercios no concello para cambiar o teu bono de 30 € #BonosActivaComercio
Prazo de solicitude ata 29/9/2023 ou esgotamento de orzamento. Para gastos realizados dende 5 de novembro de 2022 ata a data de solicitude Para gastos realizados en programas e equipos informáticos, redes, investimentos en eficiencia enerxética, páxinas web, mobiliario, reforma de locais...Máis información: Área de desenvolvemento local de Camariñas 981737004 adl@camarinas.net
BENEFICIARIOS: Pemes turísticas inscritas no REAT: aloxamento, restauración e axencias de viaxes. AXUDAS: 80% do investimento subvencionable, máximo 12.000 €. GASTOS SUBVENCIONABLES: realizados do 01/01 ao 15/11/20
A charla "Fraudes na Telefonía" vaise celebrar o xoves 1 de xuño, ás 11:00, na aula de informática, ao lado do Centro de Saúde. Vanse tratar tanto os dereitos das persoas consumidoras nas telecomunicacións, como a seguridade, fraudes, garantías, reclamacións e outros asuntos relacionados. As persoas interesadas poden reservar praza no 981 73 70 04, en persoa na Casa de Pedra ou no correo-e adl@camarinas.net, indicando o seu nome e teléfono de contacto
🔵 BONOS ACTIVA COMERCIO. 2,5 millóns en bonos de 30 € para gastar nos comercios adheridos, dende o luns 15 de maio. Solicítanse en www.bonosactivacomercio.gal, e deben cambiarse antes do 15 de setembro, ou ata o esgotamento dos fondos. Descontos: 5, 10 ou 15 €, segundo se gasten entre 20 e 29 €, entre 30 e 49 € ou a partir de 50 €, IVE incluído. ✅ Os comercios minoristas, incluídas perruquerías, salóns de beleza e barberías, poden inscribirse desde hoxe en www.bonosactivacomercio.gal. Para participar na campaña, deben descargar a APP Bonos Activa Comercio e colocar o distintivo no establecemento.
A charla "Impulsa o TEU futuro en Camariñas", vaise celebrar o venres 12 de maio, de 16:30 a 18:30, na Biblioteca Municipal de Camariñas. Se buscas emprego ou queres mellorara as túas habilidades, podes reservar unha praza, xa que son limitadas, en adl@camarinas.net, 981 73 70 04 ou en persoa na Casa de Pedra.