Charla o xoves 27 de abril, ás 11:00, na aula de informática municipal. Vanse tratar tanto os dereitos das persoas consumidoras como a seguridade, fraudes, formas de pago, garantías, devolucións, reclamacións e outros asuntos relacionados coa compra en liña. Inscrición: Oficina de Consumo, 981 737 004, na Casa de Pedra ou adl@camarinas.net
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2023 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local
A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 01 de marzo de 2023 pola que acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 24 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2023. Código de procedemento: ED527A
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 10 de febreiro de 2023, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de xaneiro de 2023 pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporalde diversas categoría de persoal estatutario.
A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 10 de xaneiro probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes: