Mañá, xoves día 28 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a clausura do obradoiro de emprego no Salón de Actos da Casa de Pedra en Camariñas. Asistirán ao acto:
Sandra Ínsua - Alcaldesa do Concello de Camariñas.
Iago Toba - Alcalde do Concello de Muxía
Mónica Rodríguez - Alcaldesa do Concello de Vimianz
Patricia Rodríguez Franco - Secretaria Territorial de A Coruña.
Día: xoves 28 de xulloHora: 12:00 horasLugar: Salón de Actos da Casa de Pedra
Veñen de acondicionar a Praza da Insuela en Camariñas, mellorar as escolas de Subeiro e o Pavillón de Baíñas en Vimianzo e labores de mantemento das obras previas en Quintáns, Viseo e a Caberta, en Muxía
Tamén realizaron o curso “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”
Os días 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego será das 9:00 ás 13:00 horas. A orientadora laboral
A Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude para BONO ALUGUER MOCIDADE. As solicitudes deben presentarse na sede electrónica da Xunta. Procedemento VI482E
A Dirección General de la Guardia Civil vén de publicar unha resolución no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 28 de xuño de 2022 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso nos centros docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil.
O Goberno, a través do Ministerio de Hacienda y Función Pública, vén de publicar no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 25 de maio de 2022 a oferta de emprego público do Corpo da Garda Civil para o ano 2022.