Concello e comercio local impulsan a campaña “Merca e gaña en Camariñas” con máis de 9.000 euros para a clientela

  • Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias, inscribíndose antes do xoves 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo ao correo electrónico enviado desde a Administración local.

 

O Concello de Camariñas e os comercios agrupados na plataforma “MerCamariñas” impulsan a campaña “Merca e gaña en Camariñas” con máis de 9.000 euros a repartir entre a clientela dos establecementos participantes.

 

Do 12 ao 31 de decembro, as persoas que realicen as súas compras nestes espazos recibirán un “rasca” con premios seguros de ata 10 euros de descontos na seguinte compra, que poderá ser de balde por un importe máximo de 30 euros.

 

Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias do municipio, inscribíndose antes do 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo á mensaxe de corre electrónico enviada desde a Administración local.

 

O abano de posibilidades é moi amplo: desde tendas de calzado, téxtil e complementos, deportes, librarías, floristarías, farmacias, tendas de electrodomésticos ou mesmo de doces.