Curso: A administración preto de ti

Curso: A administración preto de ti.

Lugar: Aula de Informática de Camariñas.

Data e horario: 17/1/2023 dende ás 11:60h.

Necesaria inscricion previa

 

 O Concello de Camariñas organiza esta charla A ADMINISTRACION PRETO DE TI, formación que imparte a Subdelegación do Goberno da Coruña. Esta iniciativa foi do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.

Este curso é gratuíto e impartirase na Aula de Informática situada no Centro de Iniciativas de Camariñas. Será o próximo 17 de xaneiro de 2023, en horario de mañá dende as 11:30h.

Será necesario inscribirse previamente na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas. No teléfono 981 737 004, presencialmente na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net

Neste curso achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na internet e se facilitará que as persoas asistentes obteñan IN SITU un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o mellor para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos

Descargas