Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

PROCESOS SELECTIVOS XUNTA DE GALICIA

DOG 4 abril 2022
 
Consellería de Facenda e Administración Pública
RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos.

Emprego e Desenvolvemento local

Bono turístico #quedamosengalicia22.

Prazos de solicitude:
- Adhesión de aloxamentos e axencias de viaxe: ata o 01/12/22.
- Persoas beneficiarias: ata o 02/05/22.

Emprego e Desenvolvemento local

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Código do procedemento: PL500C

Emprego e Desenvolvemento local

PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de marzo de 2022 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2022 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de marzo de 2022 pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario.

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2022 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.  

Emprego e Desenvolvemento local

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2022.
Código de procedemento: ED527A
 

Emprego e Desenvolvemento local

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Emprego e Desenvolvemento local

AVISO -- O DÍA 1 DE MARZO A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA

con motivo da festividade de Martes de Entroido. As persoas que queiran renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día no PID poden facelo o mércores 2 de marzo
 
Para calquera consulta urxente relacionada coa demanda de emprego pódese contactar coa Oficina de emprego de Cee 881880480 que estará aberta ese día no seu horario habitual de 9:00 – 14:00
 
A orientadora laboral
1 2 3 4 5 6 7 8 910