A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de agosto de 2022, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de agosto de 2022 unha orde pola que se convoca proceso selectivo de acceso por oposición libre e proceso de provisión por mobilidade nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
Queres formar parte do alumnado do obradoiro de emprego? Anótate canto antes. O alumnado seleccionado terá un contrato de 12 meses para formarse e traballar nalgunha das especialidades do Obradoiro
Mañá, xoves día 28 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a clausura do obradoiro de emprego no Salón de Actos da Casa de Pedra en Camariñas. Asistirán ao acto:
Sandra Ínsua - Alcaldesa do Concello de Camariñas.
Iago Toba - Alcalde do Concello de Muxía
Mónica Rodríguez - Alcaldesa do Concello de Vimianz
Patricia Rodríguez Franco - Secretaria Territorial de A Coruña.
Día: xoves 28 de xulloHora: 12:00 horasLugar: Salón de Actos da Casa de Pedra
Veñen de acondicionar a Praza da Insuela en Camariñas, mellorar as escolas de Subeiro e o Pavillón de Baíñas en Vimianzo e labores de mantemento das obras previas en Quintáns, Viseo e a Caberta, en Muxía
Tamén realizaron o curso “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”
Os días 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo o horario para renova-la tarxeta de demanda ou mellora de emprego será das 9:00 ás 13:00 horas. A orientadora laboral