11 Agosto, 2022
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de agosto de 2022 unha orde pola que se convoca proceso selectivo de acceso por oposición libre e proceso de provisión por mobilidade nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
Prazas: 60 categoría de policía, acceso por oposición libre e 18 prazas provisión por mobilidade, subgrupo C1
As prazas non cubertas no proceso de provisión por mobilidade acumularanse ao proceso de acceso por oposición libre.
Os códigos do procedemento regulados nesta orde son PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso).
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG
Taxa dereitos de exame: 33,13 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)
Requisitos das persoas aspirantes:
- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. Será aplicable, non obstante, o beneficio de rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
As persoas interesadas en participar no proceso de provisión por mobilidade, deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:
MÁIS INFORMACIÓN:
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220811/AnuncioV0654-270722-0001_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00