ABERTO O PRAZO PARA INSCRICION COMO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO

ABERTO O PRAZO PARA INSCRICION COMO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Queres formar parte do alumnado do obradoiro de emprego? Anótate canto antes.

O alumnado seleccionado terá un contrato de 12 meses para formarse e traballar nalgunha das especialidades do Obradoiro

Os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo poñen en marcha "CAMIÑO AO EMPREGO 2022", onde se impartirán as modalidades de:

  • OPERACIÓNS AUXILIARES DE REVESTIMENTO CONTINUO (Certificado de profesionalidade nivel 1, non necesaria titulación para poder acceder)  
  • MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA (Certificado de profesionalidade nivel 2, necesario para poder acceder acreditar Graduado en ESO, titulación equivalente, competencias clave nivel 2…)

 Requisitos:

  • Estar en situación de desemprego e inscrito/ a no Servizo Público de Emprego de Galicia
  • Ter solicitado o servizo CÓDIGO 370 ou a especialidade concreta de cada obradoiro.
  • Ter domicilio nos concellos de Camariñas, Vimianzo ou Muxía
  • Ter cumpridos 18 anos
  • Poder realizar un contrato para a formación e o aprendizaxe
  • No caso da especialidade do certificado de profesionalidade de nivel 2 cumprir os requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan o dito certificado (formación académica ou, no seu defecto as competencias clave de nivel 2 que correspondan)  

 De que xeito podes facer a inscrición?

  • Presencialmente na túa Oficina de Emprego (con cita previa)
  • A través da oficina virtual do portal de emprego da Xunta de Galicia emprego.xunta.gal para aquelas persoas que teñan usuario e contrasinal.
  • Na Casa de Pedra. Infórmate en persoa de 9:00 – 14:00 ou nos teléfonos 981737004 / 653260746