Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de agosto de 2022, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.

 
Os cursos terán carácter gratuíto. Impartirante entre setembro de 2022 e maio de 2023  (consultar lugares de impartición e datas na convocatoria do DOG no enlace que se sinala máis abaixo)  


Persoas beneficiarias:  


-  Cursos de linguaxe administrativa galega.

 

  • Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e o persoal sanitario.
  • Persoas maiores de 16 anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións necesarias para acceder a cada un dos cursos. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.


-  Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).

 

  • Persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.  

 

As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 
Prazo de presentación de solicitudes:  

 

- Cursos do primeiro cuadrimestre: 01– 10 setembro 2022

- Cursos do segundo cuadrimestre: 03 – 13 xaneiro 2023.

 
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-280722-0001_gl.pdf


ENLACE PARA DESCARGAR O FORMULARIO:

www.eoidigital.com/preinslinguagalega


MÁIS INFORMACIÓN:  

EOI A Coruña                            981279100

EOI Ferrol                                 981324025

EOI Santiago de Compostela    881867601

EOI Lugo                                   982829230

EOI Ourense                              988366073

EOI Pontevedra                         886159116

EOI Vigo                                    986260210

EOI Vilagarcía de Arousa          986566440 


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00     

Descargas