Convocatoria selección persoal: OBRADOIRO "CAMIÑO AO EMPREGO 2022"
EXP: 2022/E001/000059
Por Resolución de Alcaldía de Vimianzo núm. 1031/2022 de data 25/08/2022 aprobáronse as bases do proceso de selección do alumnado traballador e do persoal directivo, docente e administrativo de apoio para o obradoiro dual de emprego “Camiño ao Emprego 2022” promovido polos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía (Exp.2022/E001/000059).
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia para o persoal directivo, docente e administrativo de apoio. A oferta do alumnado traballador tramítase a través do SPEG.
A documentación e solicitude deben realizarse no Concello de Vimianzo
Praza do Concello, 6 15129 Vimianzo - A Coruña Tlf: 981 71 60 01 correo@vimianzo.gal