PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Código do procedemento: ED540A

 

Requisitos das persoas aspirantes: 

 

-       Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2024.

 

-       Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

 

-       Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

 

-       O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

 

• Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nela.


Prazos de matrícula:

 

-  Convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos

Convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos


As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.


 

Resolución do DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.pdf

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00

Descargas