PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeria e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo de 2024 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local

 

Prazas: 127

 

O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG. Do 19 de marzo ao 03 de abril (ambos inclusive)

 

Taxa dereitos de exame: 26,99 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)

 

Requisitos das persoas aspirantes:

 

  • Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea, así como tamén as persoas estranxeiras con residencia legal en España, nos termos previstos no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril.
  • Ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente, correspondente ao grupo C, subgrupo C2, do Real Decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
  • Non ser despedido/a mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía.
  • Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

 

 

Pode consultarse a listaxe completa de prazas convocadas no Anexo II da orde do DOG que aparece máis abaixo.

 

Relación de prazas convocadas nos concellos máis próximos:

 

A Laracha:                    3 prazas

Arteixo:                         4 prazas

Camariñas:            2 prazas

Carballo:                        2 prazas

Malpica de Bergantiños: 2 prazas

Ponteceso:                     2 prazas

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

ORDE DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240318/AnuncioG0690-120324-0002_gl.pdf

 

ENLACE PROCEDEMENTO SEDE ELECTRÓNICA:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR461A

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00