18 Xuño, 2024
O Goberno, a través do Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, vén de publicar no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 12 de xuño de 2024 a oferta de emprego público do Corpo da Garda Civil para o ano 2024.
Prazas: 2721 para ingreso directo na Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil.
Reserva de prazas: Do total de 2721 prazas convocadas para ingreso directo na Escala de Cabos e Gardas resérvanse 1089 aos militares profesionais de tropa e mariñeiría que leven polo menos cinco anos de servizos efectivos como tales e 200 prazas para os alumnos do Colexio de Guardias Jóvenes.
As prazas reservadas a militares profesionais de tropa e mariñeiría e aos alumnos do Colexio de Guardias Jóvenes que non sexan cubertas acumularanse ao cupo de prazas libres.
ENLACE AO REAL DECRETO DO BOE:
https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/12/pdfs/BOE-A-2024-11955.pdf