PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 8 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2024.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

 

Código de procedemento: ED312C

 

Requisitos:

-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2024 

Prazo de inscrición: Do 26 de febreiro ao 08 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Código de procedemento: ED312D

Requisitos:

-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2024

Prazo de inscrición: Do 29 de xaneiro ao 09 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos. 

 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240108/AnuncioG0655-221223-0002_gl.pdf

 

OU CONTACTAR COA EDUCADORA FAMILIAR (solicitar cita previa) 

CASA DE PEDRA   

981737004  
alianza.trillo@camarinas.net

LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00

Descargas