24 Maio, 2023
A charla "Fraudes na Telefonía" vaise celebrar o xoves 1 de xuño, ás 11:00, na aula de informática, ao lado do Centro de Saúde.
Vanse tratar tanto os dereitos das persoas consumidoras nas telecomunicacións, como a seguridade, fraudes, garantías, reclamacións e outros asuntos relacionados.
As persoas interesadas poden reservar praza no 981 73 70 04, en persoa na Casa de Pedra ou no correo-e adl@camarinas.net, indicando o seu nome e teléfono de contacto