PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2023 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local

 

Prazas: 96

 

O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación no DOG. Do 01 ao 14 de marzo (ambos inclusive)

 

Taxa dereitos de exame: 26,99 € (consultar na orde exencións e bonificacións no aboamento da taxa)

 

Requisitos das persoas aspirantes:

 

  • Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas propias do posto
  • Ter cumpridos os 18 anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015
  • Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación

 -      Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin ester en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

  • Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

ORDE DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230228/AnuncioV0654-170223-0002_gl.pdf

 

ENLACE PROCEDEMENTO SEDE ELECTRÓNICA:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR461A

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00