09 Maio, 2023
🔵 BONOS ACTIVA COMERCIO. 2,5 millóns en bonos de 30 € para gastar nos comercios adheridos, dende o luns 15 de maio.
Solicítanse en www.bonosactivacomercio.gal, e deben cambiarse antes do 15 de setembro, ou ata o esgotamento dos fondos.
Descontos: 5, 10 ou 15 €, segundo se gasten entre 20 e 29 €, entre 30 e 49 € ou a partir de 50 €, IVE incluído.
✅ Os comercios minoristas, incluídas perruquerías, salóns de beleza e barberías, poden inscribirse desde hoxe en www.bonosactivacomercio.gal. Para participar na campaña, deben descargar a APP Bonos Activa Comercio e colocar o distintivo no establecemento.