PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2023

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2023

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

 

Código do procedemento: PL500C

 

Destinatarios / as:

-  Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

 

Prazo de inscrición:

- Do 07 ao 27 de marzo de 2023 (inclusive) 

 

Datas de realización das probas:

-  Maio e/ou xuño 2023 sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal


As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas

 

Contía das taxas de exame: 16,92 €. (As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa)

 

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ao exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas. 

 

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:  

-  Preparalo pola vosa conta

-  Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 

-  A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.


ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230306/AnuncioG0655-010323-0001_gl.pdf

 

MÁIS INFORMACIÓN:

www.lingua.gal

 

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 

margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00