Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Camariñas, Concello colaborador do proxecto medioambiental “Diversiplás, + diverso – plástico”, de Íntegro

  • A iniciativa parte da Asociación Íntegro, que fixo entrega á administración local dun colector para plásticos.
  • O contedor, que estará na casa do concello, é de cor branca e conta cunha lenda explicativa sobre o tipo de residuos que podemos depositar e como facelo.

Emprego e Desenvolvemento local

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ACCESIBILIDADE DE VIVENDAS

O Instituo Galego de Vivenda e Solo abre o prazo ata o 7 de novembro de 2022 para solicitar estas axudas para as vivendas construídas e rematadas antes do ano 2006.
Pode solicitar persoas propietarias, usufructuarias, arrendatarias, comunidades de veciños, agrupacións de propiestarios/as
Para realizar obras e actuacións que melloren a accesibilidade de persoas con problemas de mobilidade ou minusvalías.

Deportes

Camariñas dá inicio ás actividades deportivas municipais con preto de 500 persoas inscritas

  • Aínda que o prazo para anotarse xa rematou, as persoas interesadas poderán seguir inscribíndose naquelas actividades con prazas libres.
  • “Fixemos un esforzo para deseñar a programación e estase a notar, con números moi altos, superando datos de antes da pandemia”, destaca Sandra Insua.

Emprego e Desenvolvemento local

Axudas obtención permisos condución clases B, C e D dirixidas a persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia

A Consellería de Política Social e Xuventude vén de convocar, no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 28 de setembro de 2022, as bases reguladoras para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega, dirixidas ás persoais inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Emprego e Desenvolvemento local

AXUDAS PARA OS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B, C e D

AXUDAS: carné B de Coche: 400 €, carné C de camión: 650 € e carné D de autobús: 1.300 €

O Concello

O Encaixe e os Ourives rubrican unha mutua colaboración de cara a difundir a cultura, o turismo e a artesanía de ambos colectivos identitarios

  • A sinatura do convenio tivo lugar esta mañá no pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, entre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e Arturo Ouro Hortas, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes “Ourives de Compostela”.

O Concello

Distintivo categoría de prata rede galega de praias sen fume

O Concello de Camariñas recibiu o distintivo de membro da categoría de Prata da rede galega de praias sen fume por ter declarado, como mínimo, o 50% dos nosos areais sen fume. Os areais que contan con este distintivo son: Lingunde, Camelle, Ariño e Arou.

O Concello

Camariñas devolve a visita á vila irmá francesa de La Turballe

  • A alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes desprazaronse ata a localidade francesa.
  • Nos últimos meses varias persoas de La Turballe viaxaron, en bicicleta e en barcos de vela, a Camariñas.

O Concello

Fotos andaina ataxia

Ao redor de 200 persoas saíron hoxe, domingo 25 de setembro, á rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos.

O percorrido comezou na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final houbo un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.

O Concello

O escritor Pedro Martínez presentará no Faro Vilán a súa novela “Cuando aprendí a vivir”, sobre o Camiño dos Faros

  • O acto terá lugar o xoves 6 de outubro ás 18 horas e tamén participará a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
  • A entrada será libre ata completar aforo.