Desde o Concello de Camariñas lamentamos o falecemento do que foi alcalde durante 24 anos, Juan Bautista Santos, e queremos dar o pésame aos seus familiares e amigos nestes duros momentos.Ante esta nova o goberno local decidiu suspender os actos de fin de curso que estaba previsto que se celebrasen esta fin de semana.
Sandra Insua púxose en contacto coa Delegación do Goberno para que rectificase o cambio que entrou en vigor o 1 de maio, pasando a atención a ser só os martes e os xoves.
O ISM volverá a abrir como o facía previamente a esta data, de luns a venres, de 9 a 14 horas e de xeito presencial.
A charla "Fraudes na Telefonía" vaise celebrar o xoves 1 de xuño, ás 11:00, na aula de informática, ao lado do Centro de Saúde. Vanse tratar tanto os dereitos das persoas consumidoras nas telecomunicacións, como a seguridade, fraudes, garantías, reclamacións e outros asuntos relacionados. As persoas interesadas poden reservar praza no 981 73 70 04, en persoa na Casa de Pedra ou no correo-e adl@camarinas.net, indicando o seu nome e teléfono de contacto
O 22 DE MAIO A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA con motivo da festividade de Santa Rita (patroa da administración local). As persoas que teñan que renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día no PIDpoden facelo o martes 23 de maio Para calquera consulta urxente relacionada coa demanda de emprego pódese contactar coa Oficina de emprego de Cee 881880480 que estará aberta ese día no seu horario habitual de 9:00 – 14:00 A orientadora laboral
A formación deportivo-educativa busca que os participantes melloren a relación consigo mesmo, co resto de persoas e coa contorna natural a través do surf.