O Concello recibe 39.000 euros da Deputación da Coruña para a contratación de persoal

O Concello recibe 39.000 euros da Deputación da Coruña para a contratación de persoal

O Concello de Camariñas recibiu unha subvención dun total de 39.475,68 euros da Deputación da Coruña a través do programa PEL CONCELLOS 2025 para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.

 

O proceso de selección rematou no mes de abril e agora, nas primeiras semanas de maio, levarase a cabo a contratación do persoal.