A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por cuarto ano consecutivo.
“Apostamos, sobre todo, polos modelos galegos, identificamos figuras que poden chegar lonxe e dámoslles a súa primeira oportunidade en Camariñas ”, explica Damián.
No pavillón Víctor Vigo daranse cita artesáns e artesás chegadas de varios puntos da xeografía galega e nacional, así como dos países de Bulgaria, Hungría, Italia, Polonia e Portugal.
As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Artesanía Nía, de Artesanía Corman, de Suso Calo – Lobo Tolo e de Tejas Pintadas.
En clave solidaria haberá tamén lugar para a Asociación Española contra o Cancro e a Ataxia de Friedreich; tamén haberá Punto Violeta.
Tanto a Deputación da Coruña como o Concello de Camariñas contarán con stands
Os traballos permitirán actuar en Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.