03 Decembro, 2025
O Concello de Camariñas recibiu unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza (SBN) orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos. Esta subvención enmárcase no Programa Galicia Refuxio Climático.
O proxecto beneficiario chámase "Arranxo e mellora dun treito da canle do rego do Canaval en Arou".
Subvención concedida: 15.360 euros
Custo total do proxecto: 19.200 euros
A diferenza do orzamento é asumida con fondos propios polo Concello de Camariñas, reforzando así o seu compromiso coa sostibilidade e a resiliencia do noso territorio fronte aos efectos do cambio climático.