O Concello de Camariñas recibiu unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza (SBN) orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos. Esta subvención enmárcase no Programa Galicia Refuxio Climático. O proxecto beneficiario chámase "Arranxo e mellora dun treito da canle do rego do Canaval en Arou".
Subvención concedida:15.360 euros
Custo total do proxecto:19.200 euros
A diferenza do orzamento é asumida con fondos propios polo Concello de Camariñas, reforzando así o seu compromiso coa sostibilidade e a resiliencia do noso territorio fronte aos efectos do cambio climático.
Na mañá de hoxe, 15 de novembro, o Centro Cultural de Ponte do Porto acolleu a presentación oficial do cartel de Ponte Friki 2026, realizado pola artista @gashadokuroz e que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de marzo. As persoas asistentes ao acto puideron descubrir o cartel desta edición, que foi elixido entre máis de 20 propostas, onde tamén acudiron a alcaldesa, Sandra Insua e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro. Ademais e como novidade, tras o éxito da primeira edición, este ano duplicarase o aforo do recinto, añadindo dúas carpas máis ao pavillón polideportivo de Ponte do Porto.
O Concello, en colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Camariñas, organiza unha Festa Infantil de Samaín o próximo venres, 31 de outubro. Terá lugar no pavillón municipal Víctor Vigo de 17 a 20 horas e haberá inchables, obradoiro de momias e de tatuaxes, karaoke, DJ, xogos deportivos e populares, pasarela de disfraces... E tamén unha comida de medo con algodón de azucre, chocolate, pasteis, sandwiches, gominolas e un ponche terrorífico.