- Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial da comarca, o delegado e o subdelegado do Goberno, o director de Comercio e Consumo e o director da Axencia de Turismo de Galicia.
- No seu discurso, Sandra Insua, fixo referencia á forza do encaixe e das palilleiras en contextos inestables para o sector do mar como o actual, “sei de boa man que o palillo foi, é e será un sustento económico imprescindible para estas familias”.
- Insua anunciou que “o Concello e as palilleiras levan un ano traballando nunha gran colaboración cunha multinacional téxtil, o que demostra que o encaixe é vangarda absoluta”.









