08 Xaneiro, 2024
O Concello de Camariñas publicou hoxe a programación completa para o Entroido 2024, que inclúe opcións e actividades para todos os gustos e idades, desde festas infantís, música ou obradoiros aos desfiles de comparsas.
A programación comezará o sábado 10 de febreiro, co Entroido de Camelle, organizado pola asociación Folja da Faneca en colaboración co Concello. Alí, desde as 17 horas, haberá unha festa infantil.
O domingo 11 de febreiro o Entroido chegará á Ponte do Porto co concurso de comparsas. O desfile chegará ás 12:30 horas ao paseo marítimo e repartirase un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros. Ademais, cada persoa participante recibirá 10 euros.
Ese mesmo domingo, 11 de febreiro, tamén haberá Entroido en Xaviña, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e o Concello. Desde as 17 horas comezará unha festa de disfraces e degustación de productos típicos do Entroido.
En Camariñas o Entroido comezará o martes, 13 de febreiro, co concurso de comparsas que se celebrará desde as 12 horas polas rúas principais e rematará no pavillón Víctor Vigo. Repartirase un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Ademais, cada persoa participante recibirá 10 euros.
Concursos de comparsas
O concurso de comparsas da Ponte do Porto terá lugar o domingo 19 de febreiro desde as 11:30 horas e a actuación está prevista para as 12:30 horas no Paseo Marítimo. Se chove, trasladarase ao pavillón municipal da Ponte do Porto.
Poderán participar as 12 primeiras comparsas (agrupación formada por un mínimo de 10 persoas) que se inscriban no Rexistro municipal. O prazo de solicitude de participación está aberto e remata o 17 de febreiro ás 15 horas. Poderán inscribirse no Rexistro ou a través da sede electrónica. As bases e os impresos están publicadas na web municipal e tamén están dispoñibles na Biblioteca Municipal.
En cantos aos premios a comparsa gañadora recibirá 500 euros, a segunda clasificada 300 euros e a terceira 200 euros. As que non resulten premiadas terán unha axuda de 10 euros por cada persoa participante ata un máximo de 100 euros por comparsa.
O concurso de comparsas de Camariñas terá lugar o martes 21 de febreiro desde as 19 horas e a actuación está prevista para as 20 horas no pavillón Víctor Vigo.
Poderán participar as 12 primeiras comparsas (agrupación formada por un mínimo de 10 persoas) que se inscriban no Rexistro municipal. O prazo de solicitude de participación está aberto e remata o 20 de febreiro ás 15 horas. Poderán inscribirse no Rexistro ou a través da sede electrónica. As bases e os impresos están publicadas na web municipal e tamén están dispoñibles na Biblioteca Municipal.
En cantos aos premios a comparsa gañadora recibirá 800 euros, a segunda clasificada 600 euros e a terceira 300 euros. As que non resulten premiadas terán unha axuda de 10 euros por cada persoa participante ata un máximo de 150 euros por comparsa.