Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Os Noveis Deseñadores da anterior edición volven na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • No novo desfile, bautizado como “ReEncaixando”, participan 15 rapaces e rapazas que formaron parte do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores.
  • Terá lugar o día de clausura, o domingo 9 de abril, ás 12:45 horas.

O Concello

Colaboración con Frigoríficos de Camariñas

A empresa Frigoríficos de Camariñas volverá ser un dos principais patrocinadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas.

O Concello

Modesto Lomba participará na XXXII Mostra do Encaixe cunha colección “na que a muller debe adaptarse a un contexto caótico”

  • O deseñador traballou de forma artesanal todas as pezas “pensadas para durar no tempo, como o fan as obras de arte”.

Servizos sociais

O ministerio de educación publicou , o 17 de marzo de 2023, a resolución pola que se convocan as bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios

O ministerio de educación publicou , o 17 de marzo de 2023, a resolución pola que se convocan as bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios .
Prazo de solicitude: dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

O Concello

O humor de Touriñán, protagonista da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • O artista coruñés presentará o seu monólogo “Aquí Tou!”, que utiliza en ton sarcástico historias da súa vida “porque o que hai que facer é rir dun mesmo para poder rir de calquera cousa”.
  • O humorista actuará o sábado 8 de abril ás 20:30 horas.
  • “Nunca estivera na Mostra, pero escoitei falar dela toda a vida e na miña casa hai pezas de encaixe mercadas en Camariñas”, sinala.

O Concello

O Concello instala nas parroquias oito contedores de recollida de pilas usadas

  • Están situados: na Casa do Concello, Casa de Pedra, Biblioteca, Gasolinera de Ponte do Porto, Colexio CEIP do Allo, Museo do Aleman de Camelle, Bar O Colmado de Arou e Almacen Municipal en Xaviña.

O Concello

Claudina Mata e K-KOU estarán XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • A deseñadora granadina sumará a súa sexta participación na Mostra e avanza que “presentaré, en exclusiva para Camariñas, un adelanto de lo que será la colección de novias del 2024”.
  • A marca de moda española K-KOU cualifica á Mostra do Encaixe como “el proyecto de artesanía más importante de España”.

O Concello

María Rivas supervisa el inicio de los trabajos de acondicionamiento de la senda peatonal entre Cabo Vilán y el Cementerio de los Ingleses con una inversión de 2M€ del Plan de Recuperación

  • María Rivas recuerda que el Plan de Recuperación del Gobierno “está llegando a todos los rincones de la provincia con actuaciones transversales que redundan en el bienestar de la ciudadanía”
 
  • La subdelegada del Gobierno asegura que “esta costa es un espectáculo paisajístico que necesita de todo nuestro cuidado y apoyo” y destaca el “retorno económico” que esta ruta tiene para Camariñas

O Concello

O Concello habilitará un área recreativa e miradoiro no Alto da Vela

  • Para financiar a actuación, que suporá un investimento de 29.983,80 euros, o Concello acadou unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.
  • O obxectivo é crear unha área recreativa, integrada na paisaxe e conectada coa Ruta Litoral de Camariñas, con zona de observación e interpretación da ría, da flora e fauna da franxa litoral.
  • Instalarase a sinalización correspondente, adecuarase a superficie da parcela, plantarase unha árbore, habilitarase unha zona de bancos e colocaranse postes cilíndricos.

O Concello

O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • O artista declara que “poder tocar onde mi criei, que é onde vivín experiencias das que saco a inspiración dos temas que fago, é un orgullo”.
  • O club de baile deportivo ‘Arte e Movemento’ fará unha exhibición na que se mesturan bailes caribeños, latinos e estándar.
  • DJ SON1C estreará a versión dance da canción ‘Camariñas’, acompañado de Alicia Bautis, e da música da Danza de Arcos.