CAMARIÑAS - PEL Concellos

CAMARIÑAS - PEL Concellos

Hoxe, xoves 4 de xuño, comezaron a traballar os catro peóns contratados polo Concello de Camariñas dentro do programa PEL Concellos da Deputación da Coruña.
 
Para a súa contratación, a administración local recibiu unha subvención do organismo provincial de 40.000 euros. 
 
As tarefas que levarán a cabo son, entre outras, actuacións na rede de abastecemento de auga potable, no alcantarillado, limpeza de vías, recollida de residuos, mellora de accesos aos núcleos de poboación, pavimentación de vías e mantemento en xeral.
 
O seu contrato remata o 10/11/2026.