A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

  • Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto desde o ano 2011.
  • O mércores, o sábado e o domingo rexistrouse o número máis alto desde o ano 2011.
  • O día de maior afluencia foi o venres, 3 de abril, con 6.760 persoas.

 

Un total de 23.440 persoas quixeron estar “Onde o fío se converte en arte” e confirmaron á tendencia á alza da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que continúa medrando ano a ano, consolidada xa como unha das propostas de ocio e cultura de referencia na Semana Santa en Galicia.

 

Outro ano máis, destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.760 entraron ao recinto. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.054 asistentes.

 

Ademais, o mércores, o sábado e o domingo rexistráronse os números máis altos desde o ano 2011. O mércores visitaron a Mostra 1.700 persoas, o sábado 4.669 e o domingo fixeron o propio 4.256 persoas.

 

A Mostra, acompañada do bo tempo que fixo durante toda a semana e que deixou unha elevada afluencia de visitantes no municipio, segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net