Camariñas presenta mañá a súa campaña turística e a XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas presenta mañá a súa campaña turística e a XXXV Mostra do Encaixe

O Concello de Camariñas presenta mañá, mércores 21 de xaneiro, ás 11:30 horas no stand de Turespaña en FITUR a súa campaña turística para este ano e a XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de dar a coñecer o spot promocional turístico e o cartel desta edición da Mostra, que se celebrará en Semana Santa do 1 ao 5 de abril.

IFEMA. Madrid.