A proba “3 H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT será a última cita do circuíto galego

A proba “3 H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT será a última cita do circuíto galego

  • A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, será o domingo 8 de febreiro con saída e chegada na paria do Ariño.
  • As inscricións deberán formalizarse na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

 

A “3H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).

 

A proba foi presentada na casa do concello de Camariñas pola alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o tesoureiro da Peña Ciclista Baikers do Vilán, Marcos Martínez; e o secretario da peña, Pedro Romar.

 

A cita, prevista para o domingo 8 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño é unha das seis probas das que constará o campionato galego ao longo de 2026:

 

  1. Lousame, 4 de xaneiro.
  2. Noia, 11 de xaneiro.
  3. Meis, 18 de xaneiro.
  4. Muros, 25 de xaneiro.
  5. Narón, 1 de febreiro.
  6. Camariñas, 8 de febreiro.

 

As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.