A colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, protagonista dos Premios Martín Códax da Música

A colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, protagonista dos Premios Martín Códax da Música

  • A presentadora do evento, a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco, luciu dous dos vestidos da colección “Mitra”, de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz.
  • “Quería levar algo que representase o meu traballo e a miña zona e pensei no encaixe de Camariñas, o Concello ensinoume o vestiario e gustoume esta colección”, explica Lupe Blanco.
  • “Para nosotros supone ver que el gran trabajo artesanal que hicimos sigue teniendo vida y es muy satisfactorio ver que no solo se quedó en la pasarela”, señalan Estefanía y Pedro.

 

O encaixe de Camariñas foi un dos protagonistas dos Premios Martín Códax da Música, que se celebraron onte, mércores 28 de maio, en Pontevedra. Concretamente a través da colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe, “Mitra”, de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz, que foi o vestiario escollido pola presentadora da gala, a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco.

 

Lupe Blanco, que luciu durante a gala dous dos vestidos da colección “Mitra”, explica que “quería levar algo que representase o meu traballo e a miña zona e pensei no encaixe de Camariñas, pero non sabía se habería a posibilidade. Un día, facendo unha actividade cos rapaces e rapazas do instituto de Camariñas, guiáronme e puxéronme en contacto co Concello, que me ensinou o vestiario”.

 

“Desde o primeiro momento a min gustoume a colección “Mitra” de Pedro e Estefanía e encaixábame porque quería enfocalo polas nosas tradicións. Probei tres modelos e os tres me ían ben pero, falando co departamento de produción dos premios, vimos que era imposible mudar de vestiario para poñelos todos así que tiven que decidirme por dous deles”, indicou.

 

Pola súa parte, Estefanía e Pedro Orgaz comentan que “para nosotros supone ver que el gran trabajo artesanal que hicimos sigue teniendo vida y es muy satisfactorio ver que no solo se quedó en la pasarela del certamen si no que también le han dado vida en este evento y esperamos que en alguno más”. “Al final es un trabajo artesano con muchas horas y muchos detalles hechos a mano que merecen seguir teniendo repercusión”, añaden.