20 Novembro, 2024
O Concello de Camariñas, a través da plataforma MerCamariñas, celebra outro ano máis o seu particular “Black Friday”, que terá lugar o xoves 21, o venres 22 e o sábado 23 de novembro e que persegue o obxectivo de dinamizar o comercio local a través de sorteos nos locais participantes.
Nesta ocasión son 19 os establecementos que se unen ao “Black Friday”. Ao realizar unha compra de xeito presencial nestas tendas entregarase un ticket para participar no sorteo de: unha cea para dúas persoas, unha cesta de marisco e unha sesión de fotos.
Adheríronse a esta campaña: Juana”s Sport, Oreiro Moda e Complementos, Silvia Calzados, O Rincón de Chus, Confecciones Elsa, Eu Quedo Tesa, Floristería Alecrín, Guillermina Kids, Guillermina Moda, Sofi-Lin, Arte Floral Maica, Viéndote Crecer, Floristería Esther, Comercial Diéguez, Rosa Modas, Kerubin, Flores con Encanto, Floristería Sofía e Mercería Tanzana Chano.