O Concello de Camariñas abre a inscrición para as persoas interesadas en realizar unha visita guiada por Camariñas e coñecer a súa historia e a súa gastronomía. Camariñas "Mar de saberes e sabores"
O fin de semana do 1 de novembro realizaranse estas visitas partindo do Museo de Encaixe ás 11:00h
Por outra banda, as asociacións e colexios que desexen realizar estas rutas guiadas gratuitamente poden contactar co Museo de Encaixe de Camariñas e concertar datas e horarios diferentes.