O Museo Man acollerá a exposición “El Arte de la Cocina”, que explora la cocina desde múltiples perspectivas

O Museo Man acollerá a exposición “El Arte de la Cocina”, que explora la cocina desde múltiples perspectivas

  • A inauguración terá lugar o mércores 16 de outubro ás 20 horas e a mostra permanecerá ata o 2 de novembro.
  • Chegan a Camariñas da man da asociación Art amb B, a través do Instituto de Estudios Balearico

 

O Museo Man de Camelle albergará, do do 16 de outubro ao 2 de novembro, a exposición “Arte de la Cocina”, unha mostra impulsada pola asociación “Art amb B”, a través do Instituto de Estudios Balearicos, na que se explora a cociña desde as múltiples perspectivas.

 

A inauguración destas exposición, comisariada por Toni Torres, terá lugar o mércores, 16 de outubro,, ás 20:00 horas e participará a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.

 

En “Arte de la Cocina” os visitantes poderán desfrutar dunha selección de 30 obras de artistas mediterráneos, cun amplo dominio da pintura pero tamén da fotografía e do collage. Contan cun texto introdutorio e unha referencia aos restaurantes de España nos que os artistas se sentiron moi a gusto.

 

“En el caso de Camariñas, hacen referencia a Lola y Óscar de la Marina, destacando las maravillas que hacen con el buen producto gallego y su deliciosa tarta de queso”, explica Toni Torres.