04 Outubro, 2024
O espazo dedicado ao sector alimentario “Gourmet entre encaixes”, que se estreou con éxito na última edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, repetirá este ano na trixésimo cuarta edición do evento, que se celebrará do 16 ao 20 de abril de 2025.
Nesta zona, que volverá a contar cunha decoración especial e disporá de vixilancia de seguridade as 24 horas do día, poderán instalarse food trucks e outro tipo de postos de venta directa de produtos alimentarios. Alí tamén se situará o bar da Mostra e habilitarase un espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque.
As empresas ou particulares interesados en participar poden facer as súas solicitudes ou solicitar máis información a través do correo electrónico dolores.lema@camarinas.net, chamando por teléfono ao 981 737 004 ou por Whatsapp no 653 265 529.
Estará aberto desde o mércores 16 de abril ás 15 horas ata o domingo 20 de abril, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo.