Volve a “Danza Rosa” de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Volve a “Danza Rosa” de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

  • Será o sábado 19 de outubro, e partirá ás 16 horas desde a praza do Concello, onde se impartirá unha clase de zumba ao remate.
  • As persoas interesadas poden realizar a inscrición no Concello ou no local Chuchelandy, que inclúe a camiseta “Camariñas Sorprende” co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

 

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha “Danza Rosa” para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado 19 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

 

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16 horas. Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba ao aire libre.

 

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse no Concello ou no local Chuchelandy, donde se lles dará a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema “Camariñas Sorprende co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.