O Concello inicia os traballos para renovar o lavadoiro da Milleira

O Concello inicia os traballos para renovar o lavadoiro da Milleira

  • A actuación, que conta cun orzamento de 14.899,86 euros, permitirá deixalo en perfectas condicións para o seu uso normal e corrixir o impacto paisaxístico que provocaba.

 

O Concello de Camariñas iniciou os traballos para renovar o lavadoiro da Milleira, situado en Río do Prado, Camariñas, unha actuación que conta cun orzamento de 14.899,86 euros e que está financiada na súa totalidade con fondos municipais xa que a Xunta de Galicia rexeitou a solicitude de subvención presentada polo goberno local.

 

O obxectivo dos traballos que se están a levar a cabo é o de deixalo en perfectas condicións para o seu uso normal e, á vez, conseguir a corrección do impacto paisaxístico que provocaba, xa que estaba moi deteriorado.