24 Setembro, 2024
A recoñecida firma nacional Devota&Lomba, asidua nos desfiles de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, decidiu aplicar o encaixe camariñán na súa nova colección, “Bellas Artes”, que presentará o luns 9 de setembro na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, coincidindo coa Mercedes Benz Fashion Week de Madrid.
Para a elaboración das pezas, inspiradas en “Primavera”, o retrato metafórico e maneirista de Giuseppe Arcimboldo, Devota&Lomba encargou un encaixe único, deseñado especialmente para este motivo, realizado en diferentes cores e cun denominador común: a esencia floral. A aplicación nos vestidos busca darlles volume e aportar unha sensación 3D.
Así, a firma, liderada por Modesto Lomba, aposta unha vez máis polo encaixe de Camariñas como elemento distintivo e de vangarda nas súas coleccións.