17 Xuño, 2024
O obxectivo da actividade é acercar á mocidade a cultura da Danza dos Arcos, o baile típico do pobo camariñán, o cal se leva a cabo cada ano nas Festas do Carmen o 16 de Xullo.
Darase a coñecer os fundamentos e os pasos básicos de dita danza, así como empaparse do sentimento camariñán na súa festividade.
E o día 15 de Xullo levaremos a cabo a representación da Danza polo pobo, ataviados e engalanados coa indumentaria e os arcos propios do baile, e coa calor dos veciños nas rúas."