O Concello de Camariñas e a Mostra do Encaixe, presentes na décima edición de FESTUR

  • No evento participan máis de cincuenta festas de interese turístico de Galicia.
  • No stand de Camariñas están expostas varias pezas de Viviana Araújo, participante do desfile de ArtEncaixe, e hai demostracións e venta de encaixe das asociacións Rendas e Puntillas.

 

O Concello de Camariñas é un dos 41 municipios e xeodestinos que participan na décima edición da Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se celebra en Silleda desde hoxe, xoves 30 de maio, ata o domingo, 2 de xuño.

 

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é o principal reclamo do stand do Concello, no que as persoas que visiten a feira poderán ver diferentes pezas das coleccións de Viviana Araújo (Estilo Aramar), unha participante habitual do desfile de ArtEncaixe. Ademais, haberá demostracións e venta de encaixe de Camariñas coa presenza das asociacións Rendas e Puntillas.

 

As pezas de Viviana Araujo están expostas en 6 maniquis 2 e vitirinas e entre elas atópanse: un kimono, unha capa de plumas, un abrigo, unha blusa, un vestido, dous tocados, un bolso e un chal.

 

Na inauguración da feira estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, ademais da directora da Mostra do Encaixe, Dolores Lema.

 

Festur reúne, durante os catro días, a máis de cincuenta festas de interese turístico de Galicia, a maior cifra desde que se puxo en marcha este certame no ano 2014.