O Concello instalará aseos accesibles na praia de Lingunde, na de Camelle e no parque e a igrexa de Xaviña

O Concello instalará aseos accesibles na praia de Lingunde, na de Camelle e no parque e a igrexa de Xaviña

  • A actuación, que conta cun orzamento total de 44.927 euros, estará financiada a través dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 40.434 euros.
  • Escolléronse estas zonas por ser moi frecuentadas durante todo o ano, como o caso de Xaviña, ou na época estival no caso das praias.

 

O Concello de Camariñas destinará 44.927 euros para instalar aseos accesibles na praia de Lingunde (Camariñas), na de Camelle e tamén no parque infantil e na igrexa de Xaviña. Esta actuación estará financiada a través dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 40.434 euros.

 

A instalación de aseos accesibles, adaptados para todas as persoas, ten o obxectivo de dar un servizo básico e necesario a todos os usuarios e usuarias, sen excepción. Escolléronse estas zonas por ser moi frecuentadas durante todo o ano, no caso de Xaviña, e na época estival no caso das praias de Camariñas e Camelle.