01 Abril, 2024
Un total de 16.689 persoas deixáronse sorprender na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa.
Destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.318 persoas entraron ao recinto, sendo este o mellor dato dun venres desde o ano 2015. O segundo mellor día foi o sábado, con 3.757 asistentes.
En total, foron 16.689 persoas as que cruzaron a entrada da Mostra do Encaixe nestes 5 días. A Mostra é un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.
Outro dos datos a destacar desta trixésimo primeira edición foi o espectacular número de veciñas e veciños do municipio que acudiron, coa invitación do Concello, ao evento. En total foron 8.544 os camariñáns que visitaron a XXXIII Mostra do Encaixe, superando amplamente aos datos de calquera das anteriores edicións. O ano pasado, foron 1.302 veciños e veciñas.