A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá, mércores 27 de marzo

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá, mércores 27 de marzo

Mañá, mércores 27 de marzo, arrincará a trixésimo terceira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se desenvolverá durante toda a Semana Santa, ata o domingo 31 de marzo.

 

A inauguración oficial será mañá, mércores 27 de marzo, a partir das 16:30 horas no pavillón da Mostra do Encaixe. Intervirán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Manuel Heredia; e a vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz.

 

A apertura da trixésimo terceira edición da Mostra terá lugar antes, ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.

 

Despois da inauguración institucional, ás 18:00 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso ao desfile de Grandes Deseñadores e á actuación de Lucía Pérez.

 

O custe será de dous euros para o pase ao recinto, e dous euros para cada desfile. Poderase adquirir un pase para a entrada ao recinto e un desfile por tres euros e un bono para a entrada ao recinto todos os días máis un desfile por día por doce euros.

 

 

LEMBRAMOS

 

Día: 27 de marzo 2024

 

Hora: 16:30 horas

 

Recinto: pavillón Víctor Vigo de Camariñas, rúa Eugenio López, 12

 

(https://cutt.ly/9ENkIKV