26 Marzo, 2024
DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2024.
EXPEDIENTE: 2023/A002/000004
De conformidade co disposto na Base 8ª das bases do XXX Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 23 de agosto de 2023 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 168 do 4 de setembro de 2023, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,
ACORDA:
Primeiro.- Designar aos membros do xurado oficial que ditaminará o 1º, 2º e 3º premios de deseño e o premio á colección máis comercial do XXX Concurso de Noveis Deseñadores de Moda que terá lugar durante a XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas, quedando este integrado do seguinte xeito:
Presidente: Modesto Lomba Caneda, deseñador.
Vogais: Maria del Rosario Carrillo Bascoy, deseñadora.
Ana Álvarez Llera Cabranes, deseñadora.
Esteban Freiría Iglesias, deseñador.
Felipe Santamaría, deseñador.
Miriam Cartagena Sánchez, deseñadora
Francisco Basteiro Salgado, deseñador
Secretaria: Dª María Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe
Segundo.- Que o xurado se reúna para a súa constitución e para determinar os catro premios do XXX Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, o próximo venres, día 29 de marzo de 2024, no recinto da Mostra do Encaixe.
Terceiro.- Publicar o presente decreto na páxina web do Concello de Camariñas e en medios de prensa.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria accidental, que asino aos únicos efectos de fe pública.